Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39516

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (219/2011).

O Xulgado de Primera Instancia e Instrución de Sarria fai saber que neste órgano xurisdicional e co número 219/2011 se seguen autos de xuízo verbal por instancia de Julio Campo González, veciño de Pacios, San Román do Mao, O Incio, representado pola procuradora Sra. López Díaz, contra María Montero Mourelo, Abel Balboa Montero e Lilia Balboa Montero, representados pola procuradora Sra. López Vizcaíno, sobre xuízo verbal de recoñecemento de serventía.

Nos devanditos autos consta unha sentenza do 28 de febreiro de 2012 e un auto aclaratorio do 18 de marzo de 2012, cuxo encabezamento e parte dispositiva son, respectivamente, do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 20.

Sarria, 28 de febreiro de 2012.

Vistos polo min, Mª Yanet Puga Pérez, xuíza substituta do Xulgado de Primera Instancia e Instrución de Sarria e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal nº 219/2011, promovido pola procuradora Sra. López Díaz, en nome e representación de Julio Campo González, quen actúa en nome propio e, ademais, a beneficio da comunidade hereditaria que forma co seu fillo, Álvaro Campo Fernández, xurdida ao falecemento da súa esposa e nai respectivamente, asistido polo letrado Sr. Fernández Pumariño, contra María Montero Mourelo, Abel Balboa Montero e Lilia Balboa Montero, representados os dous primeiros pola procuradora Sra. López Vizcaíno e defendidos polo letrado Sr. Navia Yebra, e declarada a terceira en situación de rebeldía procesual; así como a demanda reconvencional formulada pola procuradora Sra. López Vizcaíno, en nome e representación de María Montero Mourelo e Abel Balboa Montero, contra Julio Campo González e Álvaro Campo Fernández, declarado este último en rebeldía, sobre acción declarativa de serventía e outros asuntos.

Resolvo que, estimando a demanda interposta pola procuradora Sra. López Díaz, en nome e representación de Julio Campo González, contra María Montero Mourelo, Abel Balboa Montero e Lilia Balboa Montero, debo declarar e declaro que o denominado “camiño de Suaira”, sito no lugar de Pacios-San Román do Mao (O Incio), ten o trazado que se reflicte no plano incorporado ao informe do perito José María Escudero Tomás e é constitutivo dunha serventía e, debido á súa excesiva estreiteza, debo condenar e condeno os demandados a daren o espazo preciso da testa leste do seu terreo “Suaira”, descrito no feito segundo da demanda, para a alarga do camiño ata que a devandita serventía ou camiño teña un largo libre de polo menos 2,40 metros; e que poden cerrar o seu na forma que desexen con tal de deixaren en todo caso libre a largura de 2,40 metros en todo o percorrido do camiño pola testa do devandito terreo.

Que, estimando a demanda reconvencional interposta pola procuradora Sra. López Vizcaíno, en nome e representación de María Montero Mourelo e Abel e Lilia Balboa Montero, contra Julio Campo González e Álvaro Campo Fernández, debo condenar e condeno aos reconvidos a daren o espazo preciso pola testa leste e sur do seu terreo “Pereiriños”, descrita no feito segundo da reconvención ou, alternativamente, no que se refire ao tramo do camiño identificado no informe pericial elaborado polo enxeñeiro técnico agrícola José María Escudero Tomás coas letras B-C, pola testa sur do devandito terreo ou pola testa norte do terreo «Veiga dos Pereiriños», da súa mesma propiedade, descrita, así mesmo, no feito segundo da demanda reconvencional, para a alarga da serventía ata que esta teña un largo libre de, polo menos, 2,40 metros, e poden cerrar o seu terreo na forma que desexen con tal de deixaren en todo caso libre a largura de 2,40 metros en todo o percorrido da serventía ou camiño pola testa do dito terreo.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e prevéñanse de que contra ela poderán interpor recurso de apelación neste xulgado para ante a Ilustrísima Audiencia Provincial de Lugo, no prazo de vinte días desde a súa notificación, e despois de consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito de 50 euros, segundo se exixe na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o seu orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia».

«Auto.

Sarria, 18 de marzo de 2012.

Feitos.

Único.Téndose ditado sentenza nas presentes actuacións con data do 28 de febreiro de 2012, a procuradora Sra. López Vizcaíno, en nome e representación de María Montero Mourelo e Abel Balboa Montero, presentou o día dous do mes corrente un escrito en que solicitaba aclaración daquela, no sentido de que se inclúa na parte dispositiva a mención de que o “camiño de Suaira” é constitutivo dunha serventía e de que contra a devandita resolución non cabe interpor ningún recurso.

Parte dispositivo.

Que, accedendo parcialmente ao solicitado pola procuradora Sra. López Vizcaíno, en nome e representación de María Montero Mourelo e Abel Balboa Montero, aclaro o parágrafo segundo da parte dispositiva da sentenza do 28 de febreiro de 2012, no sentido de que onde di “Que, estimando a demanda reconvencional interposta pola procuradora Sra. López Vizcaíno, en nome e representación de María Montero Mourelo e Abel e Lilia Balboa Montero, contra Julio Campo González e Álvaro Campo Fernández, debo condenar e condeno os reconvidos a daren o espazo preciso pola testa leste e sur do seu terreo “Pereiriños”..., debe dicir “Que, estimando a demanda reconvencional interposta pola procuradora Sra. López Vizcaíno, en nome e representación de María Montero Mourelo e Abel e Lilia Balboa Montero, contra Julio Campo González e Álvaro Campo Fernández, debo declarar e declaro que o denominado “camiño de Suaira”, sito no lugar de Pacios-San Román do Mao (O Incio), é constitutivo dunha serventía e ten o trazado que se reflicte no plano incorporado ao informe do perito José María Escudero Tomás, e debo condenar e condeno os reconvidos a daren o espazo preciso pola testa leste e sur do seu terreo “Pereiriños”, sen que proceda efectuar ningunha outra aclaración.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso ningún».

E para que sirva de notificación en forma a Álvaro Campo Fernández, veciño de Pacios, San Román do Mao, O Incio, expido e asino este edicto.

Sarria, 9 de maio de 2012