Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39514

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4058/2009-S).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4058/2009-S.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 5 de Vigo. Demanda 994/2008.

Materia: accidente.

Recorrente: José González Filgueira.

Graduado social: Rosa Mª Alonso Esperón.

Procurador: Ignacio Espasandín Otero.

Entidades contra as que se recorre: Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Dorna Metal, S.L., Mutua Midat Cyclops.

Letrado: José Luis Feijoo Borrego.

Secretaria: María Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións número 4058/2009-S a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 994/2008 do Xulgado do Social número 5 de Vigo, promovidos por José González Filgueira contra o INSS e outros, sobre accidente, ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante José González Filgueira, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, de data do 11 de xuño de 2009, recaída en proceso sobre determinación de continxencia de incapacidade temporal de data 11 de decembro de 2007, promovido polo referido recorrente, fronte aos demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Servizo Galego de Saúde, Mc Mutual Cyclops, así como fronte á empresa Dorna Metal, S.L., debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta Sala no Banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E, para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Dorna Metal, S.L., con último domicilio coñecido en r/ Monte Faquiña-Tameiga, 50, 36416 Mos (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 26 de setembro de 2012

A secretaria xudicial