Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39513

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO (113/2011).

José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por este edicto, anuncia:

Neste procedemento, seguido por instancia da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Margarita Lorenzo González, ditouse a sentenza, o 14 de marzo de 2012, cuxo encabezamento e decisión son do seguinte teor literal:

«A Coruña, trinta de maio de dous mil doce.

No recurso de apelación 113/2011 pendente de resolución perante esta sala, interposto pola Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza representada e dirixida polo letrado da Xunta de Galicia, contra a sentenza do 11 de xuño de 2010 ditada no procedemento abreviado 611/2008 polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 dos de Santiago de Compostela sobre procedemento sancionador-cambio de situación administrativa. É parte apelada Margarita Lorenzo González.

(…) Decidimos que, inadmitindo os recursos de apelación interpostos contra a sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela nos autos de procedemento abreviado números 611/08 e 110/09, ambos os dous acumulados, debemos confirmar e confirmamos a sentenza, sen imposición de custas desta alzada.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que a sentenza é firme e non cabe recurso ordinario.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Margarita Lorenzo González, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 26 de setembro de 2012

José Andrés Salgado Fernández
Secretario xudicial