Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39512

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2012 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de enxeñeiro técnico industrial, grupo II desta universidade, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Mediante Resolución reitoral do 27 de xullo de 2012 (DOG do 17 de agosto e BOE do 5 de setembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de enxeñeiro técnico industrial, do grupo II da USC, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web: http:www1.usc.es/webpas/

Cuarto. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de persoas admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela