Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39519

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (148/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 148/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Niocanfi, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido:

Que estimando a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Niocanfi, S.L., debo declarar e declaro que procede e condeno a empresa demandada a que lle aboe á demandante a suma de 276,58 €.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso de suplicación, por canto a contía litixiosa non excede os 3.000 euros (artigo 191.2.g LRXS).

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Niocanfi, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de setembro de 2012

A secretaria xudicial