Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2012 Páx. 39363

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño

EDICTO (138/2011).

Yolanda María Fernández Rodiño, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, fago saber que no procedemento de divorcio seguido neste xulgado por instancia de Ramón Pereira Pereira se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Vistos por min, María del Mar Pais Bonamusa, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño e o seu partido, os presentes autos de xuízo de divorcio contencioso nº 138/2011, nos cales é demandante Ramón Pereira Pereira, representado pola procuradora Sra. Mosquera Lorenzo e asistido da letrada Sra. Estévez Rodrigo, e como demandada María del Carmen Sánchez Herbello (en situación procesual de rebeldía), en virtude das facultades que me confire a Constitución, dito a seguinte sentenza:

(Seguen antecedentes e fundamentos de dereito).

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Fallo que, aceptando a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Mosquera Lorenzo, en nome e representación de Ramón Pereira Pereira fronte a María del Carmen Sánchez Herbello (en situación de rebeldía procesual), debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado por ambos os dous, celebrado canonicamente o día 22 de decembro de 1984 en Vigo e inscrito no Rexistro Civil de Vigo no tomo 23, páxina 104, da sección segunda, deixando extinguida a obriga de Ramón Pereira Pereira de lle aboar a María del Carmen Sánchez Herbello, en concepto de pensión de alimentos para o fillo Aitor Pereira Sánchez, a cantidade de 25.000 pesetas (150 euros) establecida por sentenza firme do 31 de marzo de 1990, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vigo, que aprobou o Convenio regulador do 16 de febreiro de 1990; e extinguido, así mesmo, o réxime de visitas fixado no seu día a favor do proxenitor non custodio no citado convenio regulador.

Non se fai pronunciamento sobre as custas causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poderá interporse recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela, que se interporá ante este xulgado na forma indicada no artigo 458 da LAC e do cal coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra. A admisión do dito recurso exixirá que no momento de interpolo se consigne como depósito o importe de 50 euros na conta de depósitos e consignacións do xulgado, o cal deberá ser acreditado de xeito fidedigno, sen este requisito non se admitirá o recurso.

Unha vez sexa firme esta resolución, comuníqueselle ao Rexistro Civil de Vigo para os efectos legais oportunos.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a María del Carmen Sánchez Herbello, en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficia de Galicia.

O Porriño, 10 de setembro de 2012

A secretaria xudicial