Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2012 Páx. 39362

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de persoal licenciado sanitario.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras mediante Anuncio do 27 de xuño de 2012, publicado no DOG do 23 de xullo de 2012, e á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, esta directora xerente, en exercicio de competencia delegada no artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e en cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Adxudicar o posto ao solicitante que se indica no anexo desta resolución.

A adxudicataria deberá cesar na praza que desempeña dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución.

A toma de posesión será dentro dos prazos previstos nas bases da convocatoria.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes desde a publicación, conforme o disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Ourense, 28 de setembro de 2012

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense

ANEXO

Posto de traballo: xefa de servizo (SAP) de Xinzo de Limia.

Adxudicataria: Cristina Margusino Framiñán.

DNI: 35452987M.