Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2012 Páx. 39365

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1002/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que por resolución ditada o día 30.3.2012 no proceso seguido por instancia de José López Vidal contra Antoca, S.L. e Fogasa, en reclamación por cantidade, se rexistrou co nº 1002/2009 e se acordou notificar a Antoca, S.L. a decisión da sentenza seguinte:

«Decido:

Que estimando a demanda interposta por José López Vidal contra Antoca, S.L, condénoa a que lle aboe a cantidade de cinco mil oitocentos sesenta e dous euros e vinte e sete céntimos (5.862,27 €), incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución.

De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición perante este xulgado do xustificante acreditativo, que depositou a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e deberá acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer; sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Antoca, S.L, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 8 de outubro de 2012

A secretaria xudicial