Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2012 Páx. 39367

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (223/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Francisco Puentes Vázquez contra Exclusivas Deportivas Gallegas, S.L., o Fogasa, a empresa Rojo & Suárez Urbanismo y Construcción, S.L. e José Ángel Rodríguez Rodríguez, en reclamación por despedimento, rexistrado co número despedimento obxectivo individual 223/2012, acordouse citar a Exclusivas Deportivas Gallegas, S.L., a empresa Rojo & Suárez Urbanismo y Construcción, S.L., e a José Ángel Rodríguez Rodríguez, en ignorado paradoiro, con últimos domicilios coñecidos na avda. da Mariña, 35-2º Sada (A Coruña), e os dous últimos na r/ Concordia 29-4º C, Ourense, co fin de que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na r/ Monforte, s/n, o día 20.11.2012 ás 9.45, para a realización dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, e no mesmo día para as medidas cautelares, cítanse para as 9.40 horas; poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberán acudir con todos os medios de proba de que se tenten valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Exclusivas Deportivas Gallegas, S.L., á empresa Rojo & Suárez Urbanismo y Construcción, S.L. e a José Ángel Rodríguez Rodríguez, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 25 de setembro de 2012

O secretario xudicial