Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2012 Páx. 39369

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (888/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que nos autos de procedemento ordinario 888/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Zenaida Docampo García contra a empresa María Esperanza Obrador Bennasar sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña, 18 de setembro de 2012.

Carlos Villarino Moure maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña tras ter visto os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Zenaida Docampo García que comparece asistida polo letrado Fernando José Méndez Sanjurjo e doutra como demandado a empresa María Esperanza Obrador Bennasar que non comparece.

Decido que estimando a demanda formulada por Zenaida Docampo Garica contra a empresa María Esperanza Obrador Bennasar condeno esta a aboarlle a cantidade de 1.819,50 €, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe ningún recurso.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, celebrando audiencia pública no día de hoxe, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa María Esperanza Obrador Bennasar expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de setembro de 2012

O secretario xudicial