Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39262

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia

EDICTO (33/2012).

María Isabel Parajó Martínez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario seguido por instancia de María Laranga Maneiro fronte a María Vázquez Laranga, Elena del Mar Vázquez Fariña, José Antonio Torres Romero, Víctor Manuel Torres Romero, Juan Ramón Torres Romero e José María Vázquez Alonso ditouse sentenza, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Parte demandante: María Laranga Maneiro e Dolores Vázquez Laranga, que actúan en nome e beneficio da comunidade de herdeiros de Benjamín Vázquez Alonso, e María del Carmen Torres Romero, que actúa en nome e beneficio da comunidade de herdeiros de María Dolores Vázquez Alonso.

Procuradora: Teresa Maneiro Ces.

Letrado: Manuel Blanco-Ons Fernández.

Parte demandada: María Vázquez Laranga, Elena del Mar Vázquez Fariña, José Antonio Torres Romero, Víctor Manuel Torres Romero, Juan Ramón Torres Romero e José María Vázquez Alonso, declarados en situación de rebeldía procesual.

Noia, 31 de xullo de 2012.

Decido que, estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. Maneiro Ces, actuando en nome e representación de María Laranga Maneiro e Dolores Vázquez Laranga, que actúan en nome e beneficio da comunidade de herdeiros de Benjamín Vázquez Alonso, e de María del Carmen Torres Romero, quen actúa en nome e beneficio da comunidade herdeiros da súa avoa María Dolores Vázquez Alonso, contra María Vázquez Laranga, Elena del Mar Vázquez Fariña, José Antonio Torres Romero, Víctor Manuel Torres Romero, Juan Ramón Torres Romero e José María Vázquez Alonso, en situación de rebeldía procesual; debo declarar e declaro:

– Que corresponde a Dolores Vázquez Alonso, por sucesión da súa nai, Dolores Alonso Olveira, a titularidade sobre a metade indivisa atribuída a esta última nos predios número 361 e 616 do plano xeral de concentración parceira de San Vicente de Noal, descritos como segue:

Predio número 361 do plano xeral de concentración parceira de San Vicente de Noal, no lugar de Moreiras, municipio de Porto do Son, coa superficie de catorce áreas e sesenta centiáreas. Figura inscrito no Rexistro da Propiedade de Noia como predio 7.937, folio 191, libro 93, tomo 657, inscrición 1ª.

Predio número 616 do plano xeral da concentración parceira de San Vicente de Noal, no lugar de Pedregal, municipio de Porto do Son, coa superficie de corenta e sete áreas. Figura inscrito no Rexistro da Propiedade de Noia como predio 8.415, folio 169, libro 95, tomo 659, inscrición 1ª.

– Que corresponde a Benjamín Vázquez Alonso, por sucesión da súa nai, Dolores Alonso Olveira, a titularidade sobre a metade indivisa atribuída a esta última nos predios número 440 e 654 do plano xeral da concentración parceira de San Vicente de Noal, descritos como segue:

Predio número 440 do plano xeral da concentración parceira de San Vicente de Noal, no lugar de Cortiña Longa, municipio de Porto do Son, coa superficie de dúas áreas e sesenta centiáreas. Figura inscrito no Rexistro da Propiedade de Noia como predio 8.085, folio 89, libro 94, tomo 658, inscrición 1ª.

Predio número 654 do plano xeral da concentración parceira de San Vicente de Noal, no lugar de Seán, municipio de Porto do Son, coa superficie de dezaoito áreas e dez centiáreas. Figura inscrito no Rexistro da Propiedade de Noia como predio 8.487, folio 241, libro 95, tomo 659, inscrición 1ª.

E debo condenar e condeno os demandados a estar e pasar por estas declaracións, e mando cancelar os asentos rexistrais que expresan que a metade indivisa dos expresados predios corresponde a Dolores Alonso Olveira e inscribir estes a favor dos seus respectivos titulares, de conformidade co declarado.

Todo iso con expresa imposición das custas procesuais á parte demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña. O recurso interpoñerase neste xulgado dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte á notificación.

Así o acorda, manda e asina María Paz Rumbao Pérez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia e do seu partido».

E, encontrándose o devandito demandado, José María Vázquez Alonso, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Noia, 5 de setembro de 2012

A secretaria xudicial