Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39265

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (350/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 350/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa José Manuel García Baleirón, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra José Manuel García Baleirón, con DNI 33241544-N, debo declarar e declaro que esta procede, e condeno o demandado a que lle aboe á entidade demandante 553,50 euros, polo concepto reclamado.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso de suplicación, pois a contía litixiosa da reclamación non excede os 3.000 euros (art. 191.2.g) LRXS).

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Manuel García Baleirón, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de setembro de 2012

A secretaria xudicial