Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39260

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2645/2012 IP).

Secretaria: Sr. Gamero López Peláez.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2645/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1315/2011 do Xulgado do Social número 2 de Vigo.

Recorrente: Iván Gallego García.

Avogado: Enrique Fonteboa Vila.

Procuradora: Ana María Tejelo Núñez.

Recorrida: Montajes Massalia, S.L.

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2645/2012 desta sección, seguido por instancia de Iván Gallego García contra a empresa Montajes Massalia, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Iván Gallego García contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo do 24 de febreiro de 2012, debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de setembro de 2012

A secretaria xudicial