Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39258

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2620/2012 IP).

Secretaria: Sr. Gamero López Peláez.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2620/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 864/2011 do Xulgado do Social número 2 de Lugo.

Recorrente: Javier Santamarina Pasarón.

Avogado: Miguel Fernández Freire.

Recorrida: Logística Asturgal, S.L.

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2620/2012 desta sección, seguido por instancia de Javier Santamarina Pasarón contra a empresa Logística Asturgal, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos declaramos a nulidade da sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Lugo, o 8.2.2012, nos presentes autos nº 864/2011, sobre despedimento, seguidos por instancia de Javier Santamarina Pasarón fronte á empresa Logística Asturgal, S.L., e, en consecuencia, repoñemos as actuacións ao momento inmediatamente posterior á conclusión do acto de xuízo –ou ao momento anterior á realización do xuízo, se non é posible que a dite o mesmo xulgador– co fin de que, se for o caso, se dite sentenza resolvendo todos os puntos litixiosos que foron expostos polas partes, con liberdade de criterio e plenitude de xurisdición. Débeselles dar aos depósitos e consignacións o destino legalmente correspondente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolver os autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de setembro de 2012

A secretaria xudicial