Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39256

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO (326/2011).

José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, mediante este edicto anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de Alicelene da Costa Freitas, ditouse a sentenza o catorce de marzo de 2012, cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

Fernando Seoane Pesqueira, presidente.

María Dolores Galindo Gil.

Pedro J. Fernández Dotú.

A Coruña, 18 de abril de 2012

No recurso de apelación 326/2011 pendente de resolución ante esta sala, interposto por Alicelene da Costa Freitas, representada pola procuradora Montserrat Bermúdez Tasende, dirixida polo letrado Jorge Fernández Carballo, contra a sentenza do 31 de marzo de 2011 ditada no procedemento abreviado 49/2011 polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 dos de Ourense, sobre estranxeiría. É parte apelada a Subdelegación do Goberno en Ourense, representada e dirixida polo avogado do Estado. É relatora María Dolores Galindo Gil.

Decidimos que, con desestimación do recurso de apelación interposto contra a sentenza número 96/2011, do 31 de marzo de 2011, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 dos de Ourense, en autos de procedemento abreviado número 49/2011, debemos confirmar e confirmamos esta, con expresa imposición de custas á recorrente.

Notifíquese ás partes e entréguese copia ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que esta é firme, e que contra ela as persoas e entidades a que se refire o artigo 100 da Lei 29/1998, do 13 xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poderán interpoñer o recurso de casación en interese de lei do artigo citado, dentro do prazo dos tres meses seguintes á súa notificación. Así mesmo, poderán interpoñer contra ela calquera outro recurso que consideren adecuado á defensa dos seus intereses. Para admitir a trámite o recurso, ao interpoñerse deberá constituírse na conta de depósitos e consignacións deste tribunal (1570-0000-85-0326-11-24), o depósito a que se refire a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro (BOE núm. 266, do 4.11.2009); e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Alicelene da Costa Freitas, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 9 de maio de 2012

José Andrés Salgado Fernández
Secretario xudicial