Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39254

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2012, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de supervisor/a de unidade.

Mediante Resolución do 10 de maio de 2012 (anuncio no DOG nº 103, do 31 de maio) foi convocado para a súa provisión, polo sistema de concurso de méritos, un posto vacante de supervisor/a de unidade da planta de Medicina Interna.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo da actuación da Comisión de Avaliación e á vista dos méritos alegados polos aspirantes que constan nas actas da dita comisión, esta dirección xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Adxudicarlle o posto de traballo convocado á aspirante que obtivo a maior puntuación nos termos previstos no anexo desta resolución.

Segundo. A profesional nomeada deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Terceiro. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos. No caso de que a praza desempeñada e o posto adxudicado coincidan na mesma localidade ou servizo, o prazo posesorio será obrigatoriamente no primeiro día hábil seguinte ao do cesamento.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo director xerente do hospital.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. A aspirante nomeada obterá un nomeamento que será obxecto de avaliación cada catro anos, para os efectos de apreciar o nivel de rendemento. O resultado da avaliación determinará a prórroga do nomeamento ou, de ser o caso, a súa remoción.

Quinto. Contra esta resolución poderá interporse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Monforte de Lemos, 21 de setembro de 2012

Benigno Pérez Martínez
Director xerente do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos

ANEXO

Posto de traballo: supervisor/a de unidade da planta de Medicina Interna.

Nome e apelidos: Margarita Boado Martínez.

DNI: 76621082-D.