Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39238

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 1 de outubro de 2012 pola que se declaran de utilidade pública diversas asociacións inscritas nos rexistros de asociacións da Comunidade Autónoma.

Por iniciativa das correspondentes asociacións, poderán ser declaradas de utilidade pública aquelas que reúnan os requisitos establecidos no artigo 32 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociaciós.

O Decreto 157/2008, do 10 de xullo, sobre asunción de funcións da Administración do Estado traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia mediante o Real decreto 1080/2008, do 30 de xuño, en materia de declaración de utilidade pública de asociacións, asigna estas funcións á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, establecendo que será competente para resolver o procedemento de declaración de utilidade pública a persoa titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, logo da instrución do procedemento polo órgano correspondente.

Tras a solicitude da asociación, foi instruído o expediente de conformidade co previsto no Real decreto 1740/2003, do 19 de decembro, sobre procedementos relativos a asociacións de utilidade pública, e nel consta a documentación e os informes previstos na citada norma.

De conformidade cos informes favorables de declaración de utilidade pública, emitidos polos instrutores dos correspondentes expedientes,

RESOLVO:

Declarar de utilidade pública as seguintes asociacións:

• Asociación Renacer, inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións da Coruña co núm. 1987-1850-1.

• Asociación Ateneo de Santiago, inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións da Coruña co núm. 1966-90-1.

• Asociación Rexurdir, de Actividades Sociais, inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións de Pontevedra co núm. 1987-1573-1.

• Asociación ONG Mestura, para la Integración Social de las Personas Inmigrantes y Emigrantes, inscrita no Rexistro Central de Asociacións co núm. 2004/7222-1.

Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, pode interporse recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza