Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38732

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (391/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 391/2012 por instancia de Elsa Folla Vivero contra Blanco y Cinco 2005, S.L., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 31.7.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

En atención ao exposto, este órgano xudicial, pola autoridade que lle confire a Constitución, decidiu:

Que, debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Elsa Folla Vivero, contra a empresa Blanco y Cinco 2005, S.L., e debo:

1º. Declarar improcedente o despedimento da demandante e condenar a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, calquera que sexa a súa opción, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo, sen que a empresa optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. Indicar que a indemnización e os salarios de tramitación que debe aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, de optar a empresa por ela, 9.504,35 euros.

– En concepto de salarios de tramitación, os deixados de percibir desde a data do despedimento, calculados a razón de 43,90 euros por día, que ascenden ata a data da presente sentenza a 6.716,7 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade no número de conta 1534000060039112.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer no grupo Banesto, conta de aboamento 0030 1846 42 0005001274, e en concepto o número de expediente xudicial que se compón de 16 díxitos sen puntos nin comas 1534000065039112.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Blanco y Cinco 2005, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 18 de setembro de 2012

O secretario xudicial