Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38731

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (474/2006).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 474/2006 por instancia de Ibermutuamur contra Antonio Veiga Otero e o INSS, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 7 de setembro de 2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando parcialmente a demanda formulada pola letrada Carmen Orjales Mariño, en nome e representación de Ibermutuamur, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 274, contra a empresa Antonio Veiga Otero e contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, declaro que a empresa Antonio Veiga Otero deduciu a prestación económica de incapacidade temporal derivada de continxencias comúns que lle aboaron na liquidación dos seguros sociais, asumindo o pagamento delegado da prestación de incapacidade temporal por importe de 1.673,19 euros, e condeno a dita empresa a estar e pasar por tal declaración, coas consecuencias de devolución por importe de 1.673,19 euros á mutua demandante Ibermutuamur, con expresa absolución do Instituto Nacional da Seguridade Social.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos, levando o orixinal ao libro de sentenzas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra esta procede interpor recurso de suplicación ante a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en forma e prazo legal.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Dou fe».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Antonio Veiga Otero, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de setembro de 2012

A secretaria xudicial