Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38734

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (203/2012-P).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 203/2012, por instancia de Carla M. Placer García contra a empresa Mundo dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decisión.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Carla María Placer García contra a entidade Mundo dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto en data do 31 de xaneiro de 2012, declaro extinguida a relación laboral que unía as partes na data da presente resolución e condeno a demandada, Mundo dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L., a aboarlle á demandante unha indemnización por despedimento a razón de 6.318,56 €; máis ao aboamento dos salarios de tramitación entre a data do despedimento e a presente resolución, cuantificados a razón de 35,85 € diarios, que ascenden á suma de 7.994,55 €.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 300 € do depósito especial indicado no artigo 229 da LPL. Ambos os ingresos se deberán efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada, e poderá substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada, Empresa Mundo dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, e expido e asino o presente.

A Coruña, 19 de setembro de 2012

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial