Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38736

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (550/2012).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento 550/2012, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 13 de setembro de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña e do seu partido, estes autos de xuízo nº 550/2012, seguidos por instancia de Jorge Correa Chávez, asistido do letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Rodríguez y Bocija, S.L. e o Fogasa, que non comparecen no acto de xuízo, versa a litis sobre despedimento.

Resolvo:

Primeiro. Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Jorge Correa Chávez, asistido polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Rodríguez y Bocija, S.L., e o Fogasa, que non comparecen no acto de xuízo, e declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral, con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, en caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación desta sentenza. Esta opción deberase exercer no prazo de cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese prazo sen optar, entenderase que procede a readmisión.

Segundo. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada Rodríguez y Bocija, S.L., segundo o disposto no número anterior:

– En concepto de indemnización e de optar a empresa por ela: 244,98 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a presente sentenza, calculados a razón de 44,56 euros/día.

Terceiro. Así mesmo, condénase a empresa demandada a lle aboar ao Sr. Correa Chávez a cantidade de 1.350,95 euros no sentido exposto no fundamento xurídico terceiro, cos xuros moratorios pertinentes.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia, ou mediante escrito ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Rodríguez y Bocija, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de setembro de 2012

A secretaria xudicial