Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38738

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (406/2012).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que, no procedemento despedimento 406/2012, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 13 de setembro de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e do seu partido, estes autos de xuízo número 406/2012, seguidos por instancia de Marta Allegue Falcón, que comparece asistida do letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Argentum Creaciones y Distribuciones, S.L. que non comparece malia estar citada en legal forma, versando a litis sobre despedimento. Resolvo que:

Primeiro. Debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Marta Allegue Falcón, que comparece asistida polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Argentum Creaciones y Distribuciones, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e declaro a improcedencia do despedimento, con condena á empresa indicada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral, con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, en caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación desta sentenza. Esta opción deberase exercer no prazo de cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese prazo sen optar, entenderase que procede a readmisión.

Así mesmo, declaro extinguida a relación laboral que vinculaba a demandante con Argentum Creaciones y Distribuciones, S.L.

Segundo. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada Argentum Creaciones y Distribuciones, S.L. segundo o disposto no número anterior:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 5.014,14 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento ata a presente sentenza, calculados a razón de 39,35 euros diarios.

Notifíquese esta sentenza ás partes ás que se lles fará saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Argentum Creaciones y Distribuciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de setembro de 2012

A secretaria xudicial