Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38740

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (403/2010).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento demanda 403/2010, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 3 de setembro de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, os autos nº 403/2010, seguidos por instancia de José Marcos Antelo Ferreiro, representado polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Sistemas y Montajes Industriales Integrales, S.L., que comparece representada polo letrado Sr. Baudot Vera e contra a empresa Raysa Reformas e Instalaciones Eléctricas, S.L.U., que non comparece malia estar citada en legal forma e contra o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Resolvo que estimando parcialmente a demanda formulada por José Marcos Antelo Ferreiro, representado polo letrado Sr. Martínez Ramonde e contra a empresa Sistemas y Montajes Industriales Integrales, S.L., que comparece representada polo letrado Sr. Baudot Vera e contra a empresa Raysa Reformas e Instalaciones Eléctricas, S.L.U., que non comparece malia estar citada en legal forma e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno solidariamente as empresas codemandadas a lle aboar ao demandante a suma de 1.982, 24 euros, en concepto de salarios correspondentes aos días 19 ao 31 de maio de 2009, salarios correspondentes ao mes de xuño de 2009, parte proporcional da paga de xullo de 2009 e vacacións non desfrutadas, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Pola súa parte, a empresa Raysa Reformas e Instalaciones Eléctricas, S.L.U. debe aboar ao demandante a cantidade de 676,21 euros en concepto de falta de aviso previo de 15 días e indemnización por fin de contrato, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Raysa Reformas e Instalaciones Eléctricas, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de setembro de 2012

A secretaria xudicial