Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38386

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2012 pola que se convocan determinadas accións formativas dirixidas ao persoal ao servizo das administracións locais da provincia de Ourense.

Dentro das actividades programadas para o ano 2012, de acordo co convenio de colaboración subscrito con data do 11 de setembro de 2012, entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP) e a Deputación Provincial de Ourense para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse as actividades formativas para o persoal ao servizo das entidades locais da provincia de Ourense. As bases, características e contido desta convocatoria son os detallados nos anexos desta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases xerais

Primeira. Requisitos dos participantes

Persoal ao servizo da Administración local de Ourense que reúna os requisitos establecidos para cada un dos cursos do anexo II.

Segunda. Actividades de formación

Poderá participar o persoal que cumpra os requisitos específicos e as preferencias exixidas para cada curso no anexo II. A participación nos cursos que teñan lugar en horario de traballo quedará condicionada á autorización das persoas responsables dos centros directivos.

Os cursos realizaranse coa duración e condicións que para cada un deles se indican no anexo II. A información será actualizada e ampliada na páxina web da EGAP:

<http://egap.xunta.es>

Terceira. Solicitudes e prazos

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP <http://egap.xunta.es>.
Non serán admisibles outros modelos de solicitude. Faise recomendable facilitar unha conta de correo electrónico e un número de teléfono móbil para enviar mensaxes aos candidatos.

b) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

c) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, non se axusten ao formulario de solicitude oficialmente establecido no punto anterior ou sexan presentadas fóra de prazo.

d) As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet http://egap.xunta.es/matricula unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

e) No caso de que os interesados necesiten presentar documentación complementaria que acredite circunstancias específicas para os efectos da selección, deberán remitir á EGAP unha copia do formulario de matrícula e a devandita documentación por fax ao número 981 54 63 39 ou correo electrónico ao enderezo <xestion.egap@xunta.es>, sen prexuízo do dereito á presentación de acordo co disposto no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A devandita documentación deberá presentarse dentro do prazo a que fai referencia a letra g) desta base.

f) Deberá utilizarse exclusivamente unha das modalidades de remisión. No caso de encontrárense varias solicitudes dunha mesma persoa, só serán considerados os datos achegados a través da internet.

g) O prazo de presentación de solicitudes comezará o día da publicación desta resolución no DOG e rematará o 10 de outubro de 2012 ás 14.00 horas.

h) Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios
nunha ou en varias sesións presenciais das actividades. Cando un alumno teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro para o cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o alumno non poderá participar noutros cursos durante o prazo dun ano desde que se detecte este feito.

i) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á EGAP a través do número de teléfono 981 54 62 57, fax 981 54 63 39, ou enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Cuarta. Criterios de selección

1. Os criterios que se aplicarán para a selección dos participantes son:

– A relación existente entre as funcións ou tarefas que realiza o solicitante no seu posto de traballo e a materia ou contidos obxecto do curso.

– A clase de persoal a que pertenza o solicitante, así como o seu grupo/categoría profesional, dando preferencia ao persoal fixo sobre o contratado.

– A data de ingreso do traballador na Administración pública, dando preferencia ao persoal de maior antigüidade no acceso ao curso.

2. Ao realizar a selección dos participantes procurarase que estean representadas entre os solicitantes admitidos o maior número posible de entidades locais da provincia adheridas ao plan provincial de formación da Deputación de Ourense.

3. Cando desde unha mesma entidade, departamento ou servizo se remitan varias solicitudes, e sexa preciso realizar unha selección dos participantes, rematado o prazo de presentación de solicitudes os responsables do persoal de cada departamento, servizo ou entidade local deberán informar por escrito, cando así se lles requira, sobre a prioridade da admisión dos solicitantes.

4. Reservarase unha cota do 5 % para ser cuberta por persoas discapacitadas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre que o poidan acreditar e cumpran cos requisitos obxectivos para ser destinatarias desta actividade.

Quinta. Publicación das relacións do persoal seleccionado

a) A EGAP publicará no taboleiro de anuncios da súa páxina web <http://egap.xunta.es> unha relación das persoas seleccionadas para participar no curso, así como un número adecuado de reservas. Ademais, para unha maior difusión será informado da súa selección a través do correo electrónico e mensaxaría telefónica quen facilite os seus datos na solicitude. As persoas que non figuren na relación, non foron seleccionadas polo que ocupan un posto máis afastado na lista de reservas, ou ben foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) O persoal seleccionado só poderá renunciar ao curso por causa de forza maior suficientemente xustificada, necesidade do servizo ou outras causas xustificadas, sempre que así as acredite documentalmente a persoa responsable do departamento administrativo en que desenvolva o seu labor ou a través dun documento que acredite o feito alegado. A renuncia debe ser comunicada por escrito, mediante o modelo de renuncia que se publicará na páxina web da EGAP, e cunha antelación de 3 días hábiles anteriores ao inicio do curso, co fin de cubrir a vacante.

c) Non serán admitidos en ningún caso cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

Sexta. Asistencia aos cursos

a) É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos. Unicamente poderá autorizarse a ausencia por causas xustificadas, que se acreditará documentalmente ante o servizo competente da EGAP ou a persoa responsable do curso nun prazo máximo de 10 días despois de que este finalice e que, en ningún caso, poderá superar o 10 % das horas lectivas. A ausencia mesmo xustificada superior ao 10 % do total das horas lectivas suporá a perda do dereito á expedición do diploma.

b) A falta de asistencia dun número de horas superior ao 10 % das horas lectivas sen xustificación ou a falta de acreditación documental da causa alegada determinará non só a perda do dereito ao certificado acreditativo da participación no curso, senón que os participantes poderán ser excluídos das convocatorias das actividades formativas da EGAP durante o prazo dun ano contado desde a finalización do curso.

Sétima. Realización de probas

Para poder superar os cursos o alumnado deberá superar as probas de avaliación que se establezan para o efecto, e que se realizarán ao final deste.

Oitava. Certificados

Expediranse dúas clases de certificados, de asistencia ou de aproveitamento. A convocatoria de cada acción formativa determinará que tipo de certificado corresponderá aos alumnos que participen nos cursos.

Os/as profesores/as emitirán informe indicando a avaliación dos/as alumnos/as, para os efectos de obtención do certificado de aproveitamento, declarando apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado das probas.

En caso de non superar as probas tampouco se facilitará certificado de asistencia.

Non se expedirán certificados de asistencia sen ter superado o curso.

Novena. Modificacións

A EGAP e a Deputación Provincial de Ourense poderán suspender os cursos se non hai un mínimo de alumnos, así como modificar o desenvolvemento e os contidos dos cursos co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

ANEXO II

• Curso de actualización en materia de procedemento administrativo e protección de datos de carácter persoal.

Código do curso: CV12082.

Área: proceso de traballo.

Cualificación: aproveitamento.

– Obxectivos.

Facilitar ao alumnado unha visión concreta e actualizada do procedemento administrativo común, así como da normativa que regula o tratamento dos datos e ficheiros de carácter persoal, independentemente do soporte en que sexan tratados.

Definir o ámbito de aplicación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e os principios xerais establecidos no seu articulado e diferenciar os principios aplicables ao procedemento. Determinar o réxime xurídico aplicable aos elementos subxectivos implicados no
procedemento administrativo. Comprender a importancia do procedemento administrativo como garantía formal e as disposicións xerais que lle resultan de aplicación. De-sagregar as diferentes fases do procedemento administrativo diferenciando os trámites realizados en cada unha delas. Aplicar os prazos correspondentes a cada un dos trámites do procedemento administrativo e coñecer a súa tramitación electrónica. Recoñecer as vías impugnatorias aplicables no procedemento administrativo e os seus elementos estruturais.

Coñecer que é un dato de carácter persoal e o seu tratamento. Diferenciar entre o responsable do ficheiro e o encargado do seu tratamento. Identificar e aplicar os dereitos que asisten os titulares dos datos de carácter persoal. Coñecer os distintos tipos de infraccións na protección de datos e as sancións económicas que levan consigo. Aprender a aplicar as cláusulas informativas relativas á cesión de datos de carácter persoal.

– Destinatarios.

Persoal das entidades locais da provincia de Ourense dos grupos A e C que interveñan na tramitación de expedientes ou realicen tarefas de xestión administrativa.

– Desenvolvemento.

1. Duración: 35 horas. Modalidade mixta, 10,5 horas lectivas presenciais e 24,5 horas a distancia a través de teleformación, con proba final de avaliación presencial.

2. Lugar: aulas de formación da Deputación de Ourense.

3. Datas presenciais: 17, 23 e 31 de outubro de 2012.

4. Horario presencial: das 17.00 ás 20.30 horas.

5. Prazas: 30.

– Contido.

1. A regulación do procedemento administrativo.

1.1. Ámbito de aplicación.

1.2. Principios inspiradores.

1.3. Os dereitos dos cidadáns.

1.4. Os interesados no procedemento.

1.5. Exercicios interactivos.

1.6. Autoavaliación.

1.7. Avaliación.

2. As fases do procedemento administrativo.

2.1. Iniciación.

2.2. Ordenación e instrución.

2.3. Terminación.

2.4. Exercicios interactivos.

2.5. Autoavaliación.

2.6. Avaliación.

3. Outras cuestións relevantes do procedemento.

3.1. Cómputo de prazos.

3.2. Utilización de medios electrónicos.

3.3. Recursos.

3.4. Exercicios interactivos.

3.5. Autoavaliación.

3.6. Avaliación.

4. Os datos de carácter persoal.

4.1. Que é un dato de carácter persoal.

4.2. Os datos especialmente protexidos.

4.3. Tratamento dos datos e deber de información.

4.4. Exercicios interactivos.

4.5. Autoavaliación.

4.6. Avaliación.

5. Os dereitos en materia de protección de datos.

5.1. Os dereitos dos interesados ante os datos de carácter persoal.

5.2. Os límites da cesión de datos.

5.3. Niveis e medidas de seguridade.

5.4. Infraccións e sancións.

5.5. Exercicios interactivos.

5.6. Autoavaliación.

5.7. Avaliación.

– Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril, e corrección, BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local, en cumprimento do establecido na Orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, ao presente curso outorgaráselle unha puntuación de 0,50 puntos.

• Curso de xestión e control de subvencións públicas.

Código do curso: CV12083.

Área: economía e finanzas.

Cualificación: aproveitamento.

– Obxectivos.

Actualizar os coñecementos dos profesionais da Administración local en materia de subvencións públicas, para que sexan capaces de desenvolver o seu traballo de maneira óptima no eido xurídico e económico. Revisar a actividade subvencional desde un punto de vista práctico, con supostos de casos frecuentes no ámbito municipal, con tipos de convenios e bases reguladoras.

– Destinatarios.

Técnicos da Administración local de Ourense, dos subgrupos A1 e A2, que presten servizos nas áreas de administración xeral, xurídicas e económicas das corporacións; e persoal das entidades locais da provincia de Ourense que realicen no seu traballo tarefas de xestión, control e seguimento das axudas, convenios e subvencións públicas.

– Desenvolvemento.

1. Duración: 25 horas.

2. Lugar: aulas de formación da Deputación de Ourense.

3. Datas: do 6 ao 29 de novembro de 2012.

4. Horario: das 17.00 ás 20.15 horas.

5. Prazas: 30.

– Contido.

1. Lei xeral de subvencións. Especialidades na Administración local. Actividade subvencional local.

1.1. Principios xerais da nova lei.

1.2. O concepto de subvención.

1.3. Premios e axudas en especie.

1.4. A adaptación da normativa local ás disposicións da Lei galega de subvencións.

2. Adaptación do procedemento local ós sistemas de concesión de subvencións.

2.1. Concesión directa.

2.2. Concesión en concorrencia.

2.3. Xustificación e comprobación.

2.4. Convenios e contratos.

3. Xestión orzamentaria e contable de subvencións en entidades locais.

3.1. Xestión orzamentaria das subvencións recibidas.

3.2. Adaptacións das bases de execución.

3.3. O control financeiro. Rendibilidade financeira. Cálculo financeiro.

3.4. Procedemento de reintegro.

4. O reintegro de subvencións. Responsabilidade contable.

4.1. Aplicabilidade do concepto de responsabilidade contable ao reintegro de subvencións.

5. Infraccións e sancións.

6. Tratamento das subvencións recibidas.

– Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril, e corrección, BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local, en cumprimento do establecido na Orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, ao presente curso outorgaráselle unha puntuación de 0,55 puntos.

Para os efectos do establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro (DOG nº 52, do 16 de marzo de 2010), e corrección, DOG nº 77, do 22 de abril, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, ao presente curso outorgaráselle unha puntuación de 0,55 puntos.

• Curso sobre elaboración de pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

Código do curso: CV12084.

Área: proceso de traballo.

Cualificación: asistencia.

– Obxectivos.

Aprender a aplicar correctamente os aspectos teórico-prácticos que afectan a elaboración dos pregos e instrucións para a adxudicación de contratos na Administración pública. Coñecer os ámbitos de carácter subxectivo e obxectivo da preparación dos contratos públicos. Ensinar os participantes a redactar e elaborar pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas axeitadas ao réxime xurídico de contratación vixente.

– Destinatarios.

Traballadores da Administración local da provincia de Ourense, dos grupos A e C, que interveñan na tramitación de expedientes administrativos e persoal técnico e administrativo, en xeral, das corporacións locais da provincia de Ourense que realice no seu traballo tarefas de xestión administrativa.

– Desenvolvemento.

1. Duración: 10 horas.

2. Lugar: aulas de formación da Deputación de Ourense.

3. Datas: 6, 7 e 8 de novembro de 2012.

4. Horario: das 17.00 ás 20.20 horas.

5. Prazas: 30.

– Contido.

1. Elaboración de pregos de cláusulas administrativas particulares (aspectos fundamentais).

1.1. Delimitación do obxecto do contrato, xustificación das necesidades que se deben satisfacer, e codificación.

1.2. Tramitación e procedemento: a urxencia.

1.3. Prezo do contrato: tipo de licitación e gasto autorizado.

1.4. Garantías exixibles.

1.5. Documentación administrativa e proposicións económicas (dous ou tres sobres).

1.6. Réxime de publicidade da convocatoria.

1.7. A mesa de contratación.

1.8. Criterios de adxudicación.

1.9. Adxudicación e formalización.

1.10. Réxime de pagamentos.

1.11. A modificación do contrato.

2. Os pregos de prescricións técnicas particulares.

• Curso técnico en dirección e xestión de recursos humanos na Administración pública.

Código do curso: CV12085.

Área: recursos humanos.

Cualificación: aproveitamento.

– Obxectivos.

Ensinar aos profesionais das entidades locais as técnicas e instrumentos de actuación máis axeitados dentro das áreas de dirección, xestión, formación, comunicación e motivación de persoal na Administración.

Dotar responsables de recursos humanos dunha boa formación en técnicas de selección de persoal, desenvolvemento e xestión de carreiras profesionais, avaliación do desempeño e formación, e poñelos ao día en avances como a xestión do coñecemento, a xestión por competencias ou as novas formas de traballo.

Dar a coñecer aos participantes os procesos psicolóxicos básicos da asimilación do cambio e os estilos de liderado e participación dunha organización, así como dotalos do coñecemento das técnicas de comunicación interna para efectuar unha adecuada xestión dos cambios.

Achegar aos asistentes unha visión global e actualizada do deseño e xestión dos sistemas retributivos do persoal na Administración, e abordar as técnicas e aplicacións prácticas da xestión por competencias para incrementar a produtividade.

– Destinatarios.

Persoal técnico da Administración local dos subgrupos A1 e A2 ao servizo das entidades locais, con funcións directivas en materia de persoal e recursos humanos. Profesionais da Administración local destinados nos servizos de recursos humanos ou que desempeñen tarefas de responsabilidade en materia de administración e xestión de persoal.

– Desenvolvemento.

1. Duración: 200 horas. Modalidade mixta, 50 horas lectivas presenciais e 150 horas a distancia a través de teleformación, con proba final de avaliación presencial.

2. Lugar: aulas de formación da Deputación de Ourense.

3. Datas: do 16 de outubro ao 27 de decembro de 2012.

4. Horario: das 16.30 ás 20.30 horas.

5. Prazas: 30.

– Contido.

1. A función pública e a súa evolución histórica.

1.1. Concepto de función pública.

1.2. Evolución histórica.

1.3. Sistemas de función pública.

1.4. Sistema de fontes. Cadro de vixencias.

2. Clases de empregados públicos.

2.1. Réxime funcionarial e laboral na Administración.

2.2. Funcionarios de carreira.

2.3. Funcionarios interinos.

2.4. Persoal eventual.

2.5. Persoal directivo.

2.6. Persoal laboral.

3. Planificación, orientación e xestión dos recursos humanos na Administración local.

3.1. Os rexistros de persoal e a xestión integrada.

3.2. A oferta de emprego público.

3.3. Os plans de emprego.

3.4. As relacións de postos de traballo.

3.5. O cadro de persoal.

3.6. As implicacións orzamentarias da xestión de persoal.

3.7. A xestión dos recursos humanos: motivación e liderado.

4. Acceso ao emprego público.

4.1. Planificación.

4.2. Principios xerais de acceso ao emprego público.

4.3. Requisitos para o acceso.

4.4. Órganos de selección.

4.5. Procedementos de selección.

4.6. Sistemas selectivos. Funcionarios de carreira e laborais fixos.

4.7. Selección de persoal interino e laboral temporal.

4.8. Funcionarización e consolidación de emprego.

– Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril, e corrección, BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local, en cumprimento do establecido na Orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, ao presente curso outorgaráselle unha puntuación de 1,40 puntos.

Para os efectos do establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro (DOG nº 52, do 16 de marzo de 2010), e corrección, DOG nº 77, do 22 de abril, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, ao presente curso outorgaráselle unha puntuación de 1,40 puntos.