Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38402

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 142, do 26 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar do comezo da lectura do cuarto exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o 24 de setembro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de outubro de 2011 e modificado pola Orde do 16 de novembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Que, de conformidade co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, a lectura do cuarto exercicio da fase de oposición se realice a partir do día 8 de outubro de 2012, na sala D do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano, Santiago de Compostela, a partir das 16.30 horas.

Segundo. Consonte o disposto na devandita base, convócanse para a lectura pública os días 8 e 9 de outubro de 2012, no lugar e na hora sinalados, as persoas opositoras indicadas no anexo.

Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal.

Cuarto. As convocatorias dos aspirantes que deberán concorrer os seguintes días de lectura serán efectuadas no taboleiro de anuncios do lugar indicado no parágrafo primeiro e na páxina web da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2012

Mª José García Sexto
Presidenta do tribunal

ANEXO

Día 8 de outubro, 16.30 horas

NIF

Apelidos e nome

76829004B

Riadigos Vilariño, Santiago

34260968F

Souto Martínez, Hilda

44809169V

Valiño García, Juan Antonio

76713194Y

Vila Pérez, Hernán Ovidio

34998287S

Ferreiro Fernández, Pablo

Día 9 de outubro, 16.30 horas

NIF

Apelidos e nome

52496971T

Freire Dapena, José Andrés

32828478A

Barcón Goas, Manuel

44821456E

Lamas Fernández, Antonio

33298560B

Lodeiro Caneda, Víctor José

32789274Z

Lorenzo Blanco, David