Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38404

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2012 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos vacantes do cadro de persoal funcionario de administración e servizos da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Vacantes na Universidade de Santiago de Compostela os postos de traballo que se indican no anexo I desta resolución e sendo necesaria a súa provisión,

O reitor, no uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, resolve convocar a provisión dos ditos postos mediante o procedemento de libre designación, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

Primeira. Poderán participar as persoas funcionarias de carreira que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.

Segunda. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da USC, situado na Reitoría da Universidade (Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n, 15782 Santiago de Compostela), no Rexistro do Campus de Lugo, situado no Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros (avda. de Bernardino Pardo Ouro, s/n, polígono de Fingoi, 27002 Lugo), ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que figura como anexo II.

Terceira. As persoas aspirantes deberán xuntar á solicitude un currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Cuarta. No caso de resultar seleccionado persoal funcionario con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento a que figure adscrito.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación do posto: xefe da Área de Calidade e Mellora de Procedementos.

Número de praza: PF000209.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 1.925,10 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: secretaría de dirección da Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade.

Número de praza: PF000283.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 502,49 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: secretaría de dirección da Vicerreitoría de Titulacións e Persoal Docente e Investigador.

Número de praza: PF000290.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 502,49 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: secretaría de dirección da Vicerreitoría de Relacións Exteriores e Internacionalización.

Número de praza: PF000867.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 502,49 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

ANEXO II

Universidade de Santiago de Compostela

Solicitude de participación no procedemento de libre designación,
convocado por Resolución do 24 de setembro de 2012

DATOS PERSOAIS

DNI

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DESTINO ACTUAL

CORPO OU ESCALA A QUE PERTENCE

SUBGRUPO

TELÉFONO

CORREO ELECTRÓNICO

ENDEREZO

CÓDIGO POSTAL

LOCALIDADE

PROVINCIA

POSTO QUE SOLICITA

DENOMINACIÓN DO POSTO

NÚMERO DE PRAZA

O/A abaixo asinante solicita ser admitido/a a convocatoria a que se refire esta solicitude e DECLARA seren certos os datos consignados nela e reunir as condicións requiridas especificamente por esta convocatoria, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

……………………………………., ……….. de ………........…… de 2012

(Sinatura)

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela