Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38408

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2012 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Vacante na Universidade de Santiago de Compostela o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución e sendo necesaria a súa provisión,

O reitor, no uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto no artigo 25 do convenio colectivo para o persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008), resolve anunciar a convocatoria pública, mediante libre designación, do antedito posto, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

Primeira. Poderá concursar o persoal laboral fixo da USC, calquera que for a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme e os sancionados con cambio de localidade que leven máis de dous anos desde a obtención do último destino definitivo.

Tamén poderá participar o persoal laboral fixo doutras administracións con que exista convenio de reciprocidade, nas condicións que se establezan nos propios convenios e que se encontre destinado provisionalmente na USC.

As persoas solicitantes deberán reunir os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.

Segunda. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da USC (situado no Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro, s/n, 15782 Santiago de Compostela), no Rexistro do Campus de Lugo (situado no Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros, avda. Bernardino Pardo Ouro, s/n, polígono de Fingoi, 27002 Lugo), ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que figura como anexo II.

Terceira. As persoas aspirantes deberán xuntar á solicitude a seguinte documentación:

– Currículum vitae xustificando documentalmente os méritos que aleguen.

– Memoria sobre a misión do posto e responsabilidades da persoa titular e posibles melloras.

Cuarta. A designación realizarase entre as persoas traballadoras que acrediten reunir as aptitudes necesarias para o desempeño do posto.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación do posto: director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento.

Número de praza: PL001257.

Grupo: 1.

Categoría laboral: técnico superior de xestión.

Complemento de posto singularizado: 1.0.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

ANEXO II

Universidade de Santiago de Compostela

Solicitude de participación no procedemento de libre designación,
convocado por Resolución do 24 de setembro de 2012

DATOS PERSOAIS

DNI

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DESTINO ACTUAL

CATEGORÍA A QUE PERTENCE

GRUPO

TELÉFONO

CORREO ELECTRÓNICO

ENDEREZO

CÓDIGO POSTAL

LOCALIDADE

PROVINCIA

POSTO QUE SOLICITA

DENOMINACIÓN DO POSTO

NÚMERO DE PRAZA

O/A abaixo asinante solicita ser admitido/a á convocatoria a que se refire esta solicitude e DECLARA seren certos os datos consignados nela e reunir as condicións requiridas especificamente por esta convocatoria, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

……………………………………., ……….. de ………........…… de 2012

(Sinatura)

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela