Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38411

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1410/2009-RCUD 211/2012-MAY).

Secretaría: María Socorro Bazarra Varela.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1410/2009 MAY.

Materia: accidente.

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Carpintería Igma, S.L., David Leiro Bua.

Recorrida: Mutua SAT.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 de Pontevedra. Demanda: 50/2008.

Casación en unificación: 211/12. Parte recorrente: David Leiro Bua.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 1410/2009-RCUD 211/2012-MAY, a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 50/2008, do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, promovidos por David Leiro Bua contra a Mutua SAT e outros, sobre accidente, con data 17.9.2012 ditouse a resolución do seguinte teor literal:

«Dilixencia de ordenación. Secretaria: María Socorro Bazarra Varela.

A Coruña, 17 de setembro de 2012.

O anterior escrito subscrito polo letrado Celestino Barros Pena, en nome e representación de David Leiro Búa, presentado na Oficina de Rexistro e Notificacións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 12.9.2012, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achéguense copias do dito escrito e desígnese un domicilio para notificacións na sede da dita sala; de non constar previamente nas actuacións, deberase acreditar a representación da parte.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 3 de Pontevedra que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asino. Dou fe».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á Carpintería Igma, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de setembro de 2012

A secretaria xudicial