Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38413

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (139/2009).

Procedemento: procedemento ordinario 139/2009.

Sobre: outras materias.

De: José Borreguero Guilabert.

Procuradora: María Teresa Pernas Grobas.

Contra: Calzacom, S.L.

Neste xulgado séguese o procedemento arriba indicado, no cal se ditou a seguinte e literal

«Sentenza.

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, as presentes actuacións de xuízo ordinario tramitadas co número 139/2009, en que interviñeron como demandante José Borreguero Guilabert (en virtude da sucesión procesual operada respecto a Tandro Internacional, S.L.), representado pola procuradora dos tribunais Sra. Pernas Grobas e asistido polo letrado Juan de Dios Torrecillas, e como demandada Calzacom, S.L. en situación de rebeldía, en virtude das seguintes consideracións,

Dispoño:

Admitir parcialmente a demanda interposta por José Borreguero Guilabert (en virtude de sucesión procesual operada respecto a Tandro Internacional, S.L.) e, en consecuencia, condénase a Calzacom, S.L. a aboarlle á demandante a suma de 193.054,34 euros máis os xuros do artigo 7 da Lei 3/2004 desde a data de vencemento de cada unha das facturas reclamadas; cada parte deberá aboar as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíqueselles esta resolución a todos os interesados facéndolles saber que contra esta cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde a súa notificación, para a súa posterior resolución pola Audiencia Provincial, logo de depósito da suma de 50 euros.

Así o acordo, mando e asino».

E para que conste e sirva de notificación á demandada Calzacom, S.L., en situación procesual de rebeldía, e cuxo domicilio se descoñece, expido, selo e asino o presente.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2012

María Jesús Pérez Fernández
Secretaria xudicial