Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38415

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (687/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 687/2010 por instancia de Rebeca Zarra Corral contra Mutua Egarsat, Impel Telecom, S.A., o INSS e a TXSS, sobre seguridade social, nos cales se ditou sentenza o 10.9.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Rebeca Zarra Corral, e, en consecuencia, condénase a empresa Impel Telecom, S.A., a aboar á demandante a cantidade de oito mil cento oitenta e seis euros con oito céntimos de euro (8.186,08 euros) en concepto de prestacións de IT, declárase a responsabilidade subsidiaria da Mutua Egarsat en virtude da súa obriga de anticipo, sen prexuízo do dereito de repetir contra o empresario, así como a responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social no suposto de insolvencia da mutua, e absólvese a Tesouraría Xeral da Seguridade Social das pretensións fronte a ela exercidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Impel Telecom, S.A., expido e asino a presente.

A Coruña, 17 de setembro de 2012

O secretario xudicial