Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38416

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (313/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 313/12 por instancia de José Manuel Naya Calvo contra Industrias Químicas Clenin, S.A., Europea de Recubrimientos, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, nos cales se ditou auto de aclaración de sentenza o 13.9.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Parte dispositiva

Dispoño:

1. Estimar a solicitude de José Manuel Naya Calvo de aclarar o ditame da sentenza do 11.7.2012 ditada neste procedemento, o cal quedará do teor literal seguinte:

Ditame

«Estímase parcialmente a demanda formulada por José Manuel Naya Calvo fronte a Europea de Recubrimientos, S.L. e Industrias Químicas Clenin, S.A. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Europea de Recubrimientos, S.L. ao demandante.

– Absólvese Industrias Químicas Clenin, S.A. das pretensións fronte a ela exercidas.

– Condénase a empresa Europea de Recubrimientos, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento da indemnización de 6.937,20 euros, máis, en ambos os dous casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente, que ascenden a 6.612,48 euros, así como o que se devindique ata a súa notificación a razón de 39,36 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpoñer recurso ningún distinto do que, se é o caso, poida interpoñerse fronte á resolución cuxa aclaración se solicitou.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz O/a secretario/a xudicial

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Industrias Químicas Clenin, S.A. e Europea de Recubrimentos, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 18 de setembro de 2012

O secretario xudicial