Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38383

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2012 pola que se recoñecen para a Comunidade Autónoma de Galicia catro esquemas de certificación de calidade do leite cru de vaca que implican uns requisitos superiores aos exixidos na normativa xeral.

Antecedentes.

1. Na Comunidade Autónoma de Galicia están a desenvolverse a día de hoxe distintos esquemas de certificación de calidade do leite cru de vaca. Os responsables destes solicitaron á Consellería do Medio Rural e do Mar o recoñecemento de cada un dos esquemas que están a implantar nas explotacións:

– Higinio Mougán Bouzón, con NIF 23243760C, en representación da unión de cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca), NIF F15156557, solicitou o recoñecemento do esquema de certificación de calidade Referencial de produto: leite de vaca certificado de cooperativa.

– Juan Carlos Castro Lage, con NIF 33317313L, en representación de Servizos Gandeiros Centrais de Galicia, S. Coop. Galega, NIF F27420429, solicitou o recoñecemento do esquema de certificación de calidade Certificación de produto leite e produtos lácteos de leite de vaca.

– Abel Torres Campos, en representación da Asociación de Produtores de Leite Grupo Álvarez, con NIF G27363357, solicitou o recoñecemento do esquema de certificación de calidade Certificación de produto leite de vaca e produtos lácteos de leite de vaca.

– Pedro Rivas Andión, en representación da Asociación de Gandeiros de Vacún Ribeiras do Miño, con NIF G27272673, solicitou o recoñecemento do esquema de certificación de calidade Certificación de produto leite de vaca e produtos lácteos de leite de vaca.

2. Os esquemas, en todos os casos implican uns requisitos superiores aos exixidos na normativa xeral no relativo a unha calidade hixiénico-sanitaria de leite máis aló dos requisitos legais obrigatorios, concretamente inclúen entre os seus requisitos unha exixencia de calidade hixiénica referida ao leite cru de vaca compatible cos seguintes criterios:

• Colonias de xermes a 30° C (por ml): ≤ 50.000.

• Contido de células somáticas (por ml): ≤ 350.000.

3. Todas estas entidades, titulares dos seus respectivos esquemas de calidade, teñen a súa sede social e están a desenvolver os seus respectivos esquemas na comunidade autónoma de Galicia.

4. Foron analizados os textos onde se recollen as condicións e requisitos dos esquemas de certificación de calidade citados e comprobouse que estes implican uns requisitos superiores aos exixidos na normativa xeral no relativo a unha calidade hixiénico-sanitaria de leite máis aló dos requisitos legais obrigatorios.

Consideracións legais e técnicas.

Corresponde á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, como autoridade competente en materia de ordenación, fomento e mellora da produción agrogandeira, o recoñecemento, de conformidade co previsto no artigo 15 do Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, modificado polo Decreto 131/2012, do 31 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e do Fondo Galego de Garantía Agraria.

Por todo o exposto, e vista a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Recoñecer, para os efectos de potenciar aquelas figuras de protección da calidade, como esquemas de certificación de calidade do leite cru para o ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, os seguintes sistemas de calidade ás seguintes entidades solicitantes:

– Referencial de produto: leite de vaca certificado de cooperativa de Agaca.

– Certificación de produto leite e produtos lácteos de leite de vaca de Servizos Gandeiros Centrais de Galicia, S. Coop. Galega.

– Certificación de produto leite de vaca e produtos lácteos de leite de vaca da Asociación de Produtores de Leite Grupo Álvarez.

– Certificación de produto leite de vaca e produtos lácteos de leite de vaca da Asociación de Gandeiros de Vacún Ribeiras do Miño.

As condicións e requisitos dos citados sistemas de calidade recóllense nos seguintes enderezos web onde poden ser consultados:

1. Referencial de produto: leite de vaca certificado de cooperativa de Agaca:

http://www.agaca.coop/gl/calidade-docs.asp

2. Para os esquemas:

– Certificación de produto leite e produtos lácteos de leite de vaca de Servizos Gandeiros Centrais de Galicia, S. Coop. Galega.

– Certificación de produto leite e produtos lácteos de leite de vaca da Asociación de Produtores de Leite Grupo Álvarez.

– Certificación de produto leite e produtos lácteos de leite de vaca da Asociación de Gandeiros de Vacún Ribeiras do Miño.

O enlace é:

http://www.madrid.org/cs/Satellite?blobcol=urldata&blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=filename%3DFICHA_RESULMEN%5B1%5D.pdf&blobkey=id&blobtable=MungoBlobs&blobwhere=1310929115591&ssbinary=true

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o secretario xeral de Medio Rural e Montes, no prazo dun mes, contado desde a súa notificación, de acordo co disposto no Decreto 131/2012, do 31 de maio, polo que se modifica o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellaría do Medio Rural e do Mar e do Fondo Galego de Garantía Agraria, e o artigo 26.3.c) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2012

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria