Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38194

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (583/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 583/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Alonso Andrés contra a empresa Peluquería Estética Glamour, S.L., Promotora Rocanor, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Nº autos: despedimento obxectivo individual 583/2012.

A Coruña, 11 de setembro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3, tras ver estes autos sobre despedimento obxectivo individual 583/2012 por instancia de Beatriz Alonso Andrés, que comparece asistida pola letrada Catarina Capeáns Amenedo, contra Peluquería Estética Glamour, S.L. e Promotora Rocanor, S.L., que non comparecen malia estaren citadas.

En nome do rei, pronunciou a seguinte sentenza 669/2012.

Decido que:

1º Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Beatriz Alonso Andrés fronte á empresa Rocanor, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do seu despedimento, con condena da empresa demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, en caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

2º A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa Rocanor, S.L. son os seguintes:

– En concepto de indemnización, de optar a empresa por ela 7.842,12 euros (sete mil oitocentos corenta e dous euros con doce céntimos).

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 68,64 euros/día, e que ata a data desta sentenza ascenden a 10.433,63 euros.

– A cantidade de 1029,64 euros correspondentes ao período de aviso previo incumprido.

– E por último, 5.560,03 euros en concepto de salarios debidos, incrementados cos xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

3º Todo isto con desestimación da acción exercida contra Peluquería Estética Glamour, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0583 12, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, co nº 1533 0000 60 0583 12, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe».

E para que conste e sirva de notificación ás empresas Promotora Rocanor, S.L. e Peluquería Estética Glamour, S.L., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de setembro de 2012

O secretario xudicial