Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38197

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (381/2010).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DEM 381/10 por instancia de Manuel Alejandro Benites Méndez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e Tecam Dystal, S.A., sobre seguridade social, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Manuel Alejandro Benites Méndez, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e a empresa Tecam Dystal, e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as entidades e organismos demandados das pretensións contra estes articuladas.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e procederase ao seu arquivamento.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e asino».

Para que conste e para inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Tecam Dystal, S.A., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizasen nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente.

A Coruña, 17 de setembro de 2012

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial