Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38192

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (324/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 324/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marco Antonio García Román contra a empresa Fontgas Multiservicios, S.L., e o Fogasa sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza: 672/2012

Nº de autos: despedimento/cesamentos en xeral 324/2012.

Demandante: Marco Antonio García Román.

Avogado: José Manuel Pérez Nieves.

Procuradora: María Montserrat Souto Fernández.

Demandados: Fontgas Multiservicios, S.L., e o Fogasa.

A Coruña, 12 de setembro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3, tras ver o presente procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 324/2012 por instancia de Marco Antonio García Román, en cuxo nome e representación comparece a procuradora Montserrat Souto Fernández segundo poder que figura en autos e asistida esta pola letrada Iria Blanco González, contra Fontgas Multiservicios, S.L. e o Fogasa, que non comparecen malia estaren citados en legal forma.

En nome do rei, pronunciou a seguinte sentenza 672/12.

Resolución

1º Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Marco Antonio García Román fronte á empresa Fontgas Multiservicios, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con extinción da relación laboral na data da presente sentenza e con condena da demandada a aboar á parte demandante, en concepto de indemnización, a cantidade de 9.104,99 euros (nove mil cento catro euros con noventa e nove céntimos de euro).

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0324.12, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0324.12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación á empresa Fontgas Multiservicios, S.L., expídese o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de setembro de 2012

O secretario xudicial