Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38190

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (844/2010).

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, rúa Viena, s/n, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

981 54 03 90.

981 54 03 92.

N28040.

NIG: 15078 42 1 2010 0006447.

Procedemento: xuízo verbal 844/2010.

Sobre outras materias:

De: Financiera El Corte Inglés E.F.C., S.A.

Procuradora: Sra. María Soledad Sánchez Silva.

Contra: Adolfo Maceira Rey.

María Novo López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, anuncia que neste procedemento, seguido por instancia de Financiera El Corte Inglés E.F.C., S.A. fronte a Adolfo Maceira Rey, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2011.

Vistos por Margarita Isabel Poveda Bernal, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, estes autos de xuízo verbal 844/2010, seguidos ante este xulgado entre partes; dunha e como demandante, Financiera El Corte Inglés E.F.C., S.A., coa procuradora Sra. Sánchez Silva e o letrado Sr. Martínez-Olivares Gómez, e doutra e como demandado, Adolfo Maceira Rey, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade, dítase esta sentenza de acordo cos seguintes.

Resolvo que estimando como estimo a demanda interposta por Financiera El Corte Inglés E.F.C., S.A. coa procuradora Sra. Sánchez Silva, fronte a Adolfo Maceira Rey, en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno o demandado a lle pagar á demandante a cantidade de dous mil corenta e nove con oitenta e sete euros (2.049,87 €), mais os xuros legais desde a data da notificación da sentenza ata o seu completo pagamento, con expresa imposición das custas procesuais causadas á parte demandada.

Únase esta sentenza ao libro de rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado e expídase testemuño que se unirá aos autos correspondentes.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña.

O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación, limitado a citar a resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna.

E ao estar o demandado, Adolfo Maceira Rey, en ignorado paradoiro, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2012

A secretaria xudicial