Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38189

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (45/2011).

Álvaro Garrido Rodríguez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, mediante o presente

Anuncio:

No presente procedemento ordinario seguido por instancia de Mussat, Mutua de Seguros a Prima Fija fronte a Construcciones Fidalgo y Pato, S.L. e Promociones Monte Medulio, S.L. ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do tenor literal seguinte:

«Vistos por mín, Luis Doval Pérez, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense e o seu partido, no día de hoxe, 6 de febreiro de 2012, os presentes autos de xuízo ordinario número 45/2011, seguidos neste xulgado por instancia da entidade Mussat, representada pola procuradora Marta Ortiz Fuentes e asistida polo letrado Jaime Uña Llorens Uña Orostivar, contra Promociones Monte Medulio, S.L. e Construcciones Fidalgo y Pato, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Que, estimando a demanda interposta pola procuradora Marta Ortiz Fuentes, en nome e representación de Mussat, contra Promociones Monte Medulio, S.L. e Construcciones Fidalgo y Pato, S.L., condeno a Promociones Monte Medulio, S.L. ao pagamento da cantidade de 76.717,80 euros, e a Construcciones Fidalgo y Pato, S.L. a pagar á demandante 16.717,80 euros, en ambos os dous casos cos xuros legais devindicados desde o 22 de abril de 2010, con expresa imposición das custas procesuais».

E, encontrándose o demandado, Promociones Monte Medulio, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 6 de xullo de 2012

O secretario xudicial