Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2012 Páx. 38077

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (128/12).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 128/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Vicente Acuña Vecino contra a empresa Triptofano, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, foi ditada a seguinte sentenza do 30 de agosto de 2012, cuxa parte dispositiva é a que segue:

«Estimo a demanda interposta por Vicente Acuña Vecino contra a mercantil Triptofamo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento da demandante efectuado con efectos do 31 de decembro de 2011. Así mesmo, declaro extinguida a relación laboral existente entre Vicente Acuña Vecino e a mercantil Triptofamo, S.L., e condeno a mercantil Triptofamo, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 3.386,35 euros en concepto de indemnización por despedimento improcedente, así como a aboar a cantidade de 7.836,75 en concepto de salarios de tramitación (calculados desde o día seguinte ao do despedimento e ata a presente resolución).

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación anta a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, interpóndose ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte da presente notificación segundo establece o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino eu, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Triptofamo, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2012

A secretaria xudicial