Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2012 Páx. 38078

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (102/12).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 102/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Ferreiro Chorén contra a empresa, sobre ordinario, foi ditada a seguinte sentenza do 4 de setembro de 2012, cuxa parte dispositiva é a que segue:

«Estimo parcialmente a demanda interposta por José Ramón Ferreiro Chorén contra Grial Libros, S.L., Nouche Brache, Grace, Aula 25 Distribuidora, Abraxas Aula 25, S.L., Aula 25, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Germán Anotio Pérez Rubín e, en consecuencia, condeno a mercantil Grial Libros, S.L. e a Noucher Brache, Grace, a aboar conxunta e solidariamente ao demandante a cantidade de 29.131,81 euros polos conceptos de salarios (11.415,73 euros) e indemnización pendente (17.716,08 euros). Absolvo o resto dos demandados das pretensións contra eles deducidas e condeno a Xermán Antonio Pérez Rubín unicamente na súa condición de administrador concursal.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grace A. Novel Brache, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2012

A secretaria xudicial