Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2012 Páx. 38079

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (151/2012).

Eu, Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 151/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isabel Iglesias Becerra contra a empresa, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza do 4.9.2012 cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo parcialmente a demanda interposta por Isabel Iglesias Becerra contra Grial Libros, S.L., Nouche Brache, Grace, Aula 25 Distribuidora, Abraxas Aula 25, S.L., Aula 25, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Germán Antonio Pérez Rubín e, en consecuencia, condeno a mercantil Grial Libros, S.L. e a Noucher Brache, Grace A. a lle aboar conxunta e solidariamente á demandante a cantidade de 16.751,85 euros polos conceptos de salarios (9.662,34 euros) e indemnización pendente (7.089,51 euros), absolvo o resto de demandados das pretensións fronte a eles deducidas e condeno a Germán Antonio Pérez Rubín na súa soa condición de administrador concursal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Grace A. Nouelle Brache, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2012

A secretaria xudicial