Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2012 Páx. 38075

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (735/2010).

Xulgado do Social número 3 da Coruña, r/ Monforte, s/n.

Teléfono: 981 18 51 35/136/137.

Fax: 981 18 51 35.

NIG: 15030 44 4 2010 0003947 N81291.

Nº autos: procedemento ordinario 735/2010.

Demandante: Natalia Patricia Cabado Sande.

Avogado: José-Miguel Orantes Canales.

Demandada: Mónica Bancells Carrancio.

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 735/2010 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Natalia Patricia Cabado Sande contra a empresa Mónica Bancells Carrancio, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 625/2012.

A Coruña, 23 de xullo de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante, Natalia Patricia Cabado Sande, que comparece asistida do letrado José Miguel Orantes Canales, e doutra e como demandada, comparece Mónica Bancells Carrancio.

En nome do rei, ditou a seguinte sentenza 625/2012.

Decido que estimo a demanda formulada por Natalia Patricia Cabado Sande contra á empresa Mónica Bancells Carrancio, con condena da demandada ao aboamento da cantidade de 1.517,88 euros en concepto de salarios debidos, incrementados co xuro de demora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso, ao abeiro do disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Mónica Bancells Carrancio, expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de setembro de 2012

O secretario xudicial