Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2012 Páx. 38073

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (196/2011).

Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección 5ª da Audiencia Provincial da Coruña, fai saber que na peza de apelación que se dirá se ditou sentenza con data do 30 de xaneiro de 2012, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Audiencia Provincial. Sección 5ª da Coruña.

Sentenza: 31/2012.

Peza: 196/2011.

Procedemento de orixe: xuízo verbal civil 1170/10.

Xulgado de procedencia: Primeira Instancia número 6 da Coruña.

Deliberación o día: 10 de xaneiro de 2012.

A Sección 5ª da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou, no nome do rei, a seguinte sentenza:

Maxistrados: Manuel Conde Núñez, Julio Tasende Calvo e Dámaso Manuel Brañas Santa María.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2012.

No recurso de apelación civil 196/2011, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 6 da Coruña, no xuízo verbal civil, sobre precario (250.1.7º LC), sendo a contía do procedemento 220.283,82 €, seguido entre partes, como apelante: Mª Luisa Romero Borja e Alfredo Romero Borja, representados pola procuradora Sra. López Núñez; como apelado: Concello da Coruña, e como partes declaradas en rebeldía, Adela Barrul Vargas, María Barrul Barrul, Josué Ramírez Barrul, Bienvenido Borja Gabarri, Elena Barrul Gabarri, Alfredo Barrul Gabarri e Pedro Suárez Álvarez.

Foi relator Manuel Conde Núñez.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decidimos que, desestimando o recurso de apelación, interposto por María Luisa Romero Borja e Alfredo Romero Borja, contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 6 da Coruña, nos autos de xuízo verbal 1170/10, debemos confirmar e confirmamos en todos os seus aspectos a dita resolución, impoñéndolle á parte apelante as custas desta alzada.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Adela Barrul Vargas, María Barrul Barrul, Josua Ramírez Barrul, Bienvenido Borja Gabarri e Elena Barrul Gabarri, expídese esta cédula para que lles sirva de notificación.

A Coruña, 13 de setembro de 2012

A secretaria xudicial