Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 37900

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (228/2012).

Rebeca Delgado Marzán, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, anuncia que neste procedemento verbal 228/2012, seguido por instancia de Automóviles Louzao, S.A.U. fronte a JB Mouzo Correduría de Seguros, S.L. se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

Vistos por min, Marina Carmen Palomo Moreno, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta localidade, estes autos de xuízo verbal 228/2012, sobre reclamación de cantidade, por instancia da entidade Automóviles Louzao, S.A.U., representada pola procuradora Sra. García Montero e asistida pola letrada Sra. Tombilla Manzanedo, contra a entidade JB Mouzo Correduría de Seguros, S.A., en rebeldía.

Que estimando a demanda formulada pola entidade Automóviles Louzao, S.A.U., representada pola procuradora Sra. García Montero, contra a entidade JB Mouzo Correduría de Seguros, S.A., en rebeldía, debo condenar e condeno a dita entidade demandada a que lle aboe á parte demandante a cantidade de tres mil cincocentos oitenta e cinco euros con sesenta e dous céntimos (3.585,62 euros), máis os xuros legais correspondentes xerados desde a data da interpelación xudicial ata o seu completo pagamento, incrementados en dous puntos a partir da data desta resolución. Con imposición das custas causadas á parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que poderán interpor contra ela recurso de apelación, no termo dos vinte días seguintes ao da súa notificación. Para isto deberase ter en conta o disposto, en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro, na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, que foi engadida mediante a reforma operada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial.

Así, por esta miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E ao estar o demandado JB Mouzo Correduría de Seguros, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ferrol, 10 de xullo de 2012

Rebeca Delgado Marzán
Secretaria xudicial