Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 37898

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5047/2011).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 5047/2011-S a que se refire o encabezamento, seguidas na Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 281/2011 do Xulgado do Social número 1 de Vigo, promovidos por Carmen Tombo Moar contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Frigoríficos Berbés, S.A., sobre incapacidade permanente, se ditou a resolución seguinte:

Que, desestimando o recurso de suplicación formulado polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza do 20 de xuño de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, en autos número 281/2011, seguidos por instancia de Carmen Tombo Moar contra a recorrente, resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Frigoríficos Berbés, S.A., con último domicilio coñecido en Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións faranse nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou que se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de xullo de 2012

A secretaria xudicial