Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 37897

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2012 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Historia e Institucións Económicas a Jesús Mirás Araújo.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 6 de xuño de 2012 (BOE do 18 de xuño), para a provisión da praza número 12/021, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Historia e Institucións Económicas, Departamento de Economía Aplicada I desta universidade, a favor de Jesús Mirás Araújo, con DNI número 32812387N, e unha vez que o interesado acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Jesús Mirás Araújo profesor titular de universidade da área de coñecemento de Historia e Institucións Económicas, Departamento de Economía Aplicada I desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o candidato deberá tomar posesión do seu destino.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente poderase interpoñer recurso de reposición, perante o reitor da Universidade da Coruña, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que se resolva expresamente ou se producise a desestimación presunta do de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 17 de setembro de 2012

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña