Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 37902

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (227/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Jordanis Rivero González contra a empresa Cafetería Rico Rico, S.L., coa intervención do Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 227/2010, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución din:

«Asunto 227/2010.

Na Coruña, 10 de setembro de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver estes autos sobre cantidade, por instancia de Jordanis Rivero González, que comparece representada polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Cafetería Rico Rico, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte sentenza.

Decido que estimando a demanda interposta por Jordanis Rivero González contra a empresa Cafetería Rico Rico, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de dous mil oitocentos setenta e un euros e noventa e nove céntimos (2.871,99 euros).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Cafetería Rico Rico, S.L., expido este cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de setembro de 2012

A secretaria xudicial