Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 37903

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (664/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 664/2010, por instancia de María Inmaculada Amenedo Gancedo contra a empresa Offset Valladares, S.L., e o seu administrador concursal Agustín Fernández Pérez, sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 3.9.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Estímase parcialmente a demanda interposta por María Inmaculada Amenedo Gancedo contra a empresa Offset Valladares, S.L., o seu administrador concursal Agustín Fernández Pérez, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Offset Valladares, S.L. a lle aboar á demandante a cantidade de dous mil douscentos euros (2.200 euros), devengando os conceptos salariais cos xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores, deberá responder desas cantidades Agustín Fernández Pérez na súa condición de administrador concursal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Offset Valladares, S.L e ao seu administrador concursal Agustín Fernández Pérez, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de setembro de 2012

A secretaria xudicial
Rubricado