Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 37927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 12 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2006/0048-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador en materia de seguridade e saúde laboral.

Faise saber que contra ela cabe formular recurso de alzada, no prazo dun mes, contado desde a súa publicación, ante a conselleira de Traballo e Benestar, de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Advírteselle que, de non ser interposto o dito recurso en tempo e forma, terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar nas dependencias da Dirección Xeral de Relacións Laborais, xa que, noutro caso, se procederá á exacción pola vía de constrinximento nos termos previstos no artigo 2 da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 e demais disposicións xerais de aplicación.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa: Proinreza, S.L.

Enderezo: avenida Rosalía de Castro, 198. Perillo. 15171 Oleiros. A Coruña.

Expediente: 2006/0048-0.

Acta de infracción: 262/2006/3/H.

Data da resolución da dirección xeral: 27 de xullo de 2012.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.d) e 19 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, en relación co artigo 14 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e cos artigos 7.2 e 9.b) e c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e de saúde laboral nas obras de construción.

Preceptos sancionadores: artigo 13.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Sanción imposta: 30.052,62 €.