Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 37925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 1999/204-1 e RL 2012/361-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula, e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Faiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada, ante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente: RL 1999/204-1.

Acta inf.: 389/1999.

Empresa: Cartón del Noroeste, S.L.

NIF: B15401821.

Enderezo: A Telleira, Bastavales. Brión (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene (deficiencias graves do equipo de traballo, ausencia de planificación preventiva, de información e de formación ao traballador e vulneración do deber de vixilancia).

Normativa infrinxida: Lei 31/1995, do 8 de novembro, e Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo.

Tipificación: artigo 47.16.b) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, vixente no momento de producirse o accidente e de iniciarse o expediente sancionador (unha falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 31.7.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Cartón del Noroeste, S.L. unha sanción por importe de mil cincocentos nove euros (1.509 €).

Expediente: RL 2012/361-1.

Acta inf.: I152012000052204.

Empresa: Trafic Vial, S.L.

NIF: B15346430.

Enderezo: estrada de Nostián, nave 4, 15008 A Coruña.

Materia: traballo (parte dos traballadores non desfrutaron a totalidade das vacacións correspondentes ao ano 2011, sen que a normativa vixente permita nin a súa regularización no ano seguinte nin a liquidación do seu importe).

Normativa infrinxida: artigo 38 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e artigo 73 do convenio colectivo do sector da construción.

Tipificación: artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 6.8.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Trafic Vial, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

A Coruña, 10 de setembro de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña