Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 37923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a notificación da resolución do expediente de reintegro dunha parte do anticipo á conta da subvención concedida para a realización dunha acción formativa dirixida ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao exercicio de 2010, regulada na Orde do 28 de decembro de 2009 (Diario Oficial de Galicia núm. 253, do 30 de decembro), relativa ao expediente TR301K, 2010/143-1.

Intentada a notificación da citada resolución, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal notifícaselle á entidade beneficiaria o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

A resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, 15008 A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 10 de setembro de 2012

Luis Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: TR301K, 2010/143-1.

Nome ou razón social: Torremar, Soc. Coop. Responsabilidade Ltda.

CIF/NIF: F15039803.

Último enderezo coñecido: rúa Concepción Arenal, 73-75, baixo, 15578 Narón (A Coruña).

Tipo de axuda: subvención para a realización dunha acción formativa dirixida prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2010.

Contido do acto: resolución do expediente de reintegro.

Data da resolución: 30.8.2012.